9.11.2011
- A idea de crise revisitada: variacións e interferencias.
Andrés Davila Legerén (coord.)
Universidade do País Vasco (UPV/EHU), 2011.
ISBN:978-84-9860-547-1
Novo libro.
A apelación á crise homoxeneíza todo, convertindo na súa consecuencia mesmo aquelo que lle preexiste.
Como resposta cabe formulala desde a heteroxeneidade, tanto de situacións como de enfoques.
Este libro colectivo e pluridisciplinar (coordinado por Andrés Davila Legerén) aborda a idea de crise a tenor da globalización ecolóxica, as políticas científicas, os discursos expertos, as prácticas psiquiátricas, os dilemas do coñecemento, o dereito a unha morte digna, a creación musical, etc. coa participación de Alberto Conde, Ramón Fernández Durán, Joseba García Melero, Félix Goñi, Vicente Huici, Dolores Juliano, Emmánuel Lizcano, Fernando Marín, José Luis Pardo, Cristina Peñamarín, Guillermo Rendueles e Alfonso Unceta
Descargar PDF
|