presenta
SOÑOS E DELIRIOS


21.00 h Fórum Metropolitano
Entradas: 7.00 €
(carné xove e + 65 anos, 5.00 €)
  Lucía Martínez, batería e composición
Pedro Neves, piano
João Pedro Brandão, saxo e frautas
Carl Minnemann, contrabaixo
Nacida en Vigo no 1982. Completou os seus estudios superiores de percusión clásica no Conservatorio Superior de Música de Vigo e o Octavo grado de percusión pola Guidhall School of London. No ámbito do jazz acadou o curso superior de batería-jazz, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo en Oporto co profesor Michael Lauren. Así mesmo mostra a súa gran solidez e versatilidade como multiinstrumentista (batería, percusión, vibráfono, zanfona) en diferentes estilos como o folk, a música latina, o flamenco, música india, música antiga, etc.

Como vibrafonista estudiou con Jeffry Davis, Dave Samuels, David Friedman, Saverio Tasca, Arttu Tácalo e Svery Pysalo recibindo o premio a mellor intérprete e mellor grupo, no Festival San Luiz de Lisboa celebrado en maio do 2007.

Pertenceu á Escola de Altos Estudios Musicáis de Galicia e foi bolseiro do Programa Erasmus, ao abrigo do cual estudia en Finlandia no Institute Politecnic of Helsinki Stadia, composición, vibráfono, batería, música india e músicas do Mediterráneo.
Actualmente comenza un posgraduado na UdK, Universidade das Artes de Berlín, co profesor John Hollenbeck.

É líder do Lucía Martínez Cuarteto, onde ademáis de tocar a batería, percusións e electrónica, realiza a labor de composición e arranxos. Proxecto co que preparan xa o seu primeiro traballo.