presenta
HOMENAXE A TETE MONTOLIU


21.00 h Fórum Metropolitano
Entrada: 9.00 €
(carné xove e + 65 anos, 7.00 €)
  Horacio Fumero, contrabaixo
Albert Bover, piano
David Xirgu, batería
Estudou no Conservatorio Municipal Manuel de Falla de Bos Aires e no Conservatoire Superieur de Musique de Geneve (Suíza). Desde 1980 reside en España.

Integra durante case 20 anos o trío estable de Tete Montoliu. Con este trío ou como freelance acompaña as máis importantes figuras do jazz de xira por Europa, Freddie Hubbard, Johnny Griffin, Horace Parlan, Harry Sweets Edison, Lou Donaldson, etc. Participou en máis de 70 sesións discográficas con, entre outros, Charlie Mariano, Tete Montoliu, Bill Perkins, etc.

Tamén ten ao seu nome tres CD de recente edición, DesDeBarcelona (Karonte), Isoca (EMI Arxentina) e Contrabajeando (New Mood Records), todos con excelente acollida por parte da prensa especializada.

Actúa como solista coa Orquesta Nacional de España (ONE), coa Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquesta Sinfónica de Granada e coa Orquestra de Barcelona i Nacional de Catalunya (OBC)

É profesor da Escola Superior de Música de Catalunya e do Conservatorio Superior do Liceu de Barcelona.