presenta o seu novo disco
TEIMA


21.00 h Fórum Metropolitano
Entrada: 7.00 €
(carné xove e + 65 anos, 5.00 €)
  Pepe Evangelista, guitarras
Roberto Somoza, saxo
Kin García, contrabaixo
Miguel Cabana, batería
Belén Xestal, artista convidada e voz
Realizou os seus estudos no Conservatorio Superior da Coruña. Obtivo o Premio de Honra en contrapunto e fuga, que foi o primeiro que se concedeu nos conservatorios de Galicia.

Realizou un amplo labor de concertos como solista, en formacións de cámara e como acompañante. Foi autor dun catálogo variado de composicións, entre as que destacan as dedicadas á guitarra. Considérase pertencente á primeira xeración do jazz galego, en que desenvolve unha ampla actividade. Introduciu o jazz no ensino nos conservatorios de Galicia. Foi o fundador e director da Big-band do Conservatorio da Coruña, coa que acompañou a George Coleman, e da Xove Big-band do mesmo centro. O Pepe Evangelista Cuarteto está formado por Pepe Evangelista, guitarras, Roberto Somoza, saxo, Kin García, contrabaixo e Miguel Cabana, batería. O cuarteto amosa, a través das composicións de Pepe Evangelista, un percorrido polo jazz universal, o jazz europeo e o Jazz Galego de raigame. Teima, o seu traballo discográfico, é o punto de reflexión que suma a individualidade de cada un dos músicos, facendo un todo indivisible. O cuarteto conta coa voz de Belén Xestal como artista invitada.