presenta
ETNOFONÍAS


21.00 h Teatro Rosalía Castro
Entradas: 8.00, 10.00, 13.00, 17.00 €
(carné xove e + 65 anos, -20%)
  Pedro Iturralde, saxos e clarinete
Mariano Diaz, piano
Carlos Carli, batería
Miguel Antel Chastang, contrabaixo
O jazz que nace do saxofón de Pedro Iturralde (Falces, Navarra) creou escola. Nos anos sesenta, a súa música queda impregnada pola alma andaluza e nace o jazz-flamenco, unha fusión de raíces que resultou venerada e frutífera. A súa loita por lle dar ao jazz un estatus de primeira división foi constante, desde as aulas e desde os escenarios.

Nas súas composicións, Iturralde decidiu marcar o "espírito de Andalucía" e deulle un protagonismo inusitado á guitarra flamenca, que toma forma no seu álbum Flamenco Jazz (1967). O seu coñecemento exhaustivo da música clásica levouno tamén a interpretar gran parte do repertorio orquestral para saxofón. Así mesmo, Joan Manuel Serrat, Miguel Ríos ou Luis Eduardo Aute requirírono como instrumentista. Destaca como compositor de bandas sonoras de películas por exemplo en Viaje a ninguna parte (1986), de Fernando Fernán-Gómez.

Foi catedrático do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid até que se xubilou en 1994. A súa obra 324 escalas para la improvisación de Jazz recibiu o Premio do Ministerio de Cultura á edición máis destacada na contribución á pedagoxía (1990). Foi merecedor do primeiro e segundo premio do Concurso Internacional de Composición de Temas de Jazz en Mónaco con Like Coltrane (1972) e Toy (1978), respectivamente. En 1992 recibiu o Premio da Comunidade de Madrid e en 2007 recibiu os premios Premio a Toda una Vida da Academia da Música 2007 e Premio Príncipe de Viana da Cultura 2007.