|
Nestes tempos, no que fai pouco máis dun
século da aparición do jazz (1897)
aprox., no territorio sur norteamericana (Nova
Orleáns), froito da liberación
de escravos negros, que logo de herdar unha
tradición dos seus devanceiros africanos
e de convivir con colonos ingleses, franceses,
españois, portugueses e seus veciños
caribeños, atoparon os corazóns
da xente e introducíronse nas diferentes
culturas do mundo. Pónse de manifesto
a nosa directa implicación cultural con
esta música.
A historia do jazz non garante a data do seu
nacemento, aínda se precisa que antes do
jazz existían unha serie de cantos de tradición
folclórica africana e occidental, con exaltados
sentimentos de esperanza e agonía, debido
a situación dramática de domínio
e escravitude que vivían os afroamericanos
naquel momento.
Podemos falar de dúas formas de canto primitivas,
previas o jazz: os worksongs ou cantos
de traballo (composicións de dúas
estrofas, que remataban cun xadeo ou gruñido,
en sinal de protesta ou queixume, dando paso a
outro grupo de estrofas).
E, os cantos espirituais (tamén coñecidos
como gospel), que a miúdo a comunidade
negra cantaban nas celebracións relixiosas
e que consistían en cancións
de orixe europea, que os colonos transladaron
ós escravos.
Xa situados en Nova Orleáns (polo ano
1819) e antes de que nacera o jazz como tal, a
historia fálanos dunhas danzas que os africanos
bailaban ó compás duns instrumentos
de percusión e de corda nun espazo chamado
Congo Square, e que lembraban na música
indíxena africana. Pois ben, se nos remontamos
a tempos anteriores en Europa, xa dende a Idade
Media, e antes do descubrimento de América,
ó igual cós africanos, tamén
os nosos devanceiros, tiñan as súas
propias danzas que nosoutros herdamos, tanto na
Europa do norte e do leste coma na do sur e do
oeste; é evidente, que a Europa occidental
no seu conxunto, ia estar máis próxima
de América, tanto na colonización,
coma na emigración dos anos posteriores,
polo tanto máis próxima do jazz.
Seremos os países atlántico-europeos,
os que veremos nacer e desenvolver esta música,
e a maioría das súas vertentes e
estilos.
¿Qué
é o Jazz, e porque Nova Orleáns
é o seu berce?
¡Teñen tantos problemas os historiadores
para formular as súas teorías, como
os antropólogos cando intentan explicar
que os monos son os devanceiros da raza humana!
Nin uns nin os outros poden identificar o momento
no que os respectivos fenómenos de que
tratan tomaron unha forma recoñecibel.
Son moitas preguntas, pero sen dúbida o
jazz pode ser o resultado dos cantos de traballo,
o gospel, a música europea, os bailes de
Congo Square, e, da curiosa consecuencia dun exceso
de instrumentos cas bandas militares deixaron
de utilizar despois da guerra de Secesión
americana (1865), pasando a mans das comunidades
negras e facendo aparecer así, os primeiros
grupos instrumentais que acompañaban en
ritmo de marcha os funerais, tanto da propia comunidade
negra, como das coloniais. E, por suposto, o ragtime
e o blues.
O Ragtime e outra tendencia musical no
ADN do jazz, cunha técnica desenvolvida
a partir das estructuras formais da música
clásica, e que practicaban fundamentalmente
os pianistas nos burdeles das cidades máis
importantes bañadas polo Missisipi, onde,
por suposto, non podría fallar Nova Orleáns.
O Blues é a outra gran invención
inspirada nos berros dos traballadores das plantacións
e polas adaptacións dos cantos espirituais
a unhas fórmulas que collerían forma
nas primeiras décadas do século
XX.
Aínda se isto é o ADN do jazz; a
síntese corporal e existencial que perdurará
no tempo, é a improvisación que
fai co Jazz, convírtase nunha música
universal de comunicación directa, e ésta,
básase na capacidade de crear espontáneamente
frases, harmonias e diferentes ritmos, sobre unha
música primaria.
Os antropólogos chámanlle sincretismo
ó resultado da mistura de elementos culturais,
que con anterioridade vivían por separado.
Esta dinámica tan consubstancial do jazz,
segue exercendo unha importante influencia na
nosa época, na que, os estilos da citada
música de orixe afroamericana, combínanse
á perfección coas músicas
doutras culturas.
Sen profundizar máis na evidencia de que
o jazz e unha das grandes formas de sincretismo
cultural, e tendo en conta a gran presencia que
España e Portugal tiveron na colonización
e na emigración posterior, tanto do norte
como do sur de América, coma na propia
Nova Orleáns; faremos un pequeno resumo
do que é a historia do jazz na península
Ibérica.
A suma de caracteres latino, celta, flamenco,
árabe, xudeo, mediterráneo, atlántico,
etc. que a cultura ibérica ten, é
e seguirá sendo de atractiva curiosidade
e interese para todo o mundo, e inflúe
directamente na evolución periódica
do Jazz ao longo do século XX e XXI.
Facendo un pequeno recordatorio histórico
do jazz en España e Portugal,
pódese dicir que dende os anos cincuenta,
os músicos das orquestras de baile, cabarets
e espectáculos, xunto cós emigrantes
que chegaban de América cargados de discos,
foron os principais portadores e dalgún
xeito, tramisores do son do jazz, á Península.
En España sentímonos en débeda
con músicos coma Tete Montoliu,
Pedro Iturralde, Blady Vas, entre
outros, que tiveron a valentía, de interpretar
jazz nunha época na que estaba oficialmente
prohibido.
Xa nos oitenta, recén esgotadas
as dictaduras española e portuguesa, é
cando nacen na península Ibérica
as primeiras escolas privadas de Jazz e
a especialidade comenza a tomar forma e ubicación.
Farán falla entre quince e vinte anos
para ver como as primeiras escolas superiores
de Música do ensino publico na Península
abren as súas portas a especialidade do
Jazz.
Considérase por tanto a dia de hoxe necesario
dar a coñecer o noso jazz e as novas formas
co fagan evolucionar, e iso leva consigo a necesidade
de amosar, dentro da maior diversidade posibel,
as distintas manifestacións e creacións
musicais de ambos estados a través de encontros
que amosen a diversidade cultural do noso contorno
máis próximo. É por iso que
o Iberojazz conta cunha filosofía baseada
nestes e noutros puntos analizados con anterioridade,
e pretende servir de punto de referencia das novas
creacións dos músicos que viven
no espazo peninsular e insular que compoñen
España e Portugal.
Alberto
Conde
|